Información legal
Este proxecto xornalístico investiga sobre a situación actual da prostitución en España e Galicia, a nivel social, legal e económico. Tamén se centra en explorar e identificar posibles novas formas de prostitución, especialmente no ámbito online.
Información sobre as intervencións
As e os participantes no proxecto foron sometidos a entrevistas, na súa maioría gravadas audiovisualmente, aínda que o método de rexistro dependeu das preferencias de cada unha das participantes. A duración dos encontros oscilou entre unha e dúas horas. Polo xeral, as fontes non foron contactadas de xeito recorrente, só se realizaron consultas e chamadas posteriores en casos puntuais para confirmar determinadas cuestións e/ ou resolver dúbidas concretas.
Información sobre voluntariedade e dereito de revogación
A participación no proxecto é de carácter voluntario, a negativa a facelo ou a retirada posterior, en calquera momento, non ten prexuízos nin supón medidas na contra das persoas participantes. Para facer efectiva unha revogación a posteriori do consentimento, a persoa participante debe contactar coa alumna encargada do proxecto a través do correo electrónico laura.fresneda@rai.usc.es. A participante ten dereito a elixir que facer cos datos obtidos ata ese momento (destrución ou anonimización/ conservación). Infórmase tamén de que a autora se garda o dereito a excluír determinadas cuestións ou declaracións do proxecto, sempre que non supoñan unha descontextualización das informacións.
Información sobre carácter altruísta da participación
A participación no proxecto é de carácter altruísta, de modo que non se obtén ningunha compensación económica pola contribución.
Información sobre o destino dos datos á fin do proxecto
Unha vez rematado o proceso de entrevistas, os datos obtidos recóllense publicados na presente reportaxe, accesible para o público xeral. Os datos e gravacións son ademais debidamente gardados pola persoa responsable, garantindo a súa anonimización nos casos nos que así se estableceu.
Información sobre o dereito a coñecer os resultados
As persoas participantes poderán acceder aos resultados do proxecto, en formato reportaxe multimedia, con contidos textuais, de audio e audiovisuais. Ditas persoas deberán facer constar a súa vontade de coñecelos para que se lle faciliten unha vez rematado o proxecto.
Información sobre gravacións e uso posterior
A participación neste proxecto implica a incorporación, total ou parcial, da intervención (en vídeo, fotografía ou audio) na obra resultante con fins informativos. A persoa participante cede á autora os dereitos de imaxe que se deriven da intervención e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública, transformación, subtitulado e dobraxe a todas as linguas, así como sobre a obra, incluíndo calquera secuencia, fotograma, imaxe, son, nome desta, etc. co fin de ser distribuída a través de todos os medios, modalidades e soportes.
Información sobre protección de datos e confidencialidade
Establécese o deber e compromiso de confidencialidade de calquera persoa que, en razón do seu traballo ou colaboración co proxecto, teña acceso aos datos. Infórmase do cumprimento da lexislación de protección de datos conforme á cláusula informativa que se acompaña.
Información sobre os dereitos de autor e uso do contido
Todo o contido recollido e publicado na presente reportaxe atópase protexido pola lexislación vixente en materia de propiedade intelectual. Non se permite a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación nin calquera outro uso fóra dos límites legalmente establecidos sen o consentimento previo, expreso e por escrito da autora. Este contido inclúe textos, imaxes, gravacións de audio e vídeo, así como calquera outro material parte do proxecto. Calquera utilización non autorizada poderá dar lugar á adopción das medidas legais oportunas.